• Restauración da Fonte e Lavadoiro da Barca

    O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" restaurou por completo a fonte e o lavadoiro da Barca en A Cabana. 

    Coa achega de 100 euros doados pola AVV da Cabana, e a doazón por parte duns veciños dunhas lousas para a cuberta da fonte, e madeira para a varanda. 

    Este espazo público abandonado polo Concello de Ferrol converteuse nun espazo de lecer para todos os veciñ@s da Cabana, este fin de semana estaba cheo de nenos xogando na zona. 


    Tamén fíxose limpeza do cano e canalización das augas, estas foron repobladas con anfibios, peixes, e algunha especie vexetal. 

    O único que o concello fixo neste espazo, foi desbrozar hai moitos anos, á parte de colocarlle un letreiro de "Auga non potable", na presente lexislatura non se limpou nunca. 

    A última obra de recuperación na zona, foi feita polos veciños no ano 1973. 

    En breve, e en resposta ao malgasto na obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslle ao Goberno municipal, que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa e máis visible, para impedir que esa obra se execute.

0 comentarios:

Publicar un comentario