• A nosa exposición fotográfica xa está na rúa!!

    Hoxe dende as 11:00 hs. a Praza de Armas acolle a nosa exposición fotográfica na rúa, que denuncia o estado de abandono da ría de Ferrol. 

    En vista da boa recepción decidimos deixala ata o luns pola mañá. 

    A finalidade desta é tratar de concienciar os políticos e á cidadanía do valor ecolóxico e patrimonial incalculable que ten a nosa ría, que ten que ser o verdadeiro motor de desenvolvemento económico de Ferrolterra, e por desgraza botada a perder polos distintos gobernos que tivemos.

    Non ao malgasto! 

    Agora o Concello de Ferrol pretende malgastar 500.000 euros de diñeiro público na adquisición de distintos terreos militares, a maioría deles convertidos actualmente en autenticas entulleiras. Un malgasto que non se entende, pois non falamos de edificacións catalogadas como "Ben de Interese Cultural" (BIC). Mentres que as que si o son, como é o caso do Castelo de San Felipe, Batería de San Carlos, Batería de San Cristovo, Dique civil de A Cabana, e outros moitos, están en estado de abandono por parte das administracións.

0 comentarios:

Publicar un comentario