• "Apocacrise Zombi" e 1º aniversario de Acción Directa

    O colectivo cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, cumpriu onte domingo, día 21 de xullo, o seu primeiro ano de traballos en espazos públicos da cidade. 

    Estes traballos foron moi diversos; de acción no patrimonio (por exemplo; Catillo de San Cristobal, Castelo de San Carlos, Dique Civil da Cabana, antiga muralla de Canido, etc...) en espazos naturais (por exemplo; Río Sardiña, Praia de Cariño, Regatos de Doniños e Covas, etc....), en xardíns públicos, (por exemplo; erradicación de Plumeiro da Pampa en Caranza, xardíns na Cabana, Parque Torrente Ballester, ámbito do miradoiro de San Cristobal etc....), e outro tipo de accións usando a creatividade como inspiración, como foron o Flasmob das fochas de Ferrol, a "Cabalgata de vos Reis Vagos", I Campionato do Mundo de Pesca de Neumáticos, ou mesmo a participación activa no acto creativo de Radio Buguina, "Carga de Dignidade". 

    Á parte destas accións, este colectivo sinalizou con carteis os castelos da ría e a batería defensiva de Outeiro en Doniños.

    Actualmente varios membros levan traballando case un mes en descubrir a empedrada do chan no Castelo de San Cristobal, mentres outros preparan o acto "Apocacrise Zombi", que tal como indica o xogo de palabras utilizado se trata dunha acción de indignación popular contra todas as agresións sociais que estamos a padecer. 

    Os "Mortos Viventes" nos que nos queren converter, tomarán a rúa e intentarán facer ver que aínda nos quedan forzas, que aínda que sexa arrastrándonos seguiremos loitando por recuperar a dignidade secuestrada. Invitamos a toda a cidadanía a disfrazarse de Zombis, o próximo sábado, 27 de Xullo. Recoméndase traer moito sangue, sucidade, humor e indignación. 

    A marcha Zombi partirá dende as "catatumbas" do derruído casco histórico de Ferrol Vello, fronte o peirao de Curuxeiras, ás 12:00 h. e percorrerá a rúa de San Francisco, Praza de Amboage, e rúa Real, para chegar finalmente á Praza de Armas, onde o polifacético compañeiro, Guillermo Ferrández, poñerá voz aos "Mortos Viventes" dando lectura a un Manifesto de Indignación.

0 comentarios:

Publicar un comentario