• Resumo gráfico do "FLASHMOB" - DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL"

    Ambiente festivo e risas, acompañaron o percorrido de Bob Esponxa e os seus amigos no "FLASHMOB" co que quixemos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP, como a obra proxectada para a Praza de España.

     Houbo moitas e moi boas representacións, é difícil destacar unha doutra. (Pescadora, buceador, mulleres lavando a roupa, mariscadores, expeleólogo, varios performance, etc..) 
    Na focha da rotonda da Avd Castelao en Caranza, deixouse plantado un abeto coa decoración apropiada para estás datas, avisando deste cunha boa sinalización. 

    Na Avda. do Mar procedemos a pintar no asfalto o nome da última focha, bautizada a mesma como "BACHE REY VARELA", tamén deixamos constancia por escrito de que esta focha leva máis dun ano neste estado, e para rematar fixemos un brinde por un ano mellor cunha boa queimada feita nunha focha.


    Queremos dar as grazas a "Plataforma contra o Malgasto" e á "Asociación Veciñal de Esteiro" por este acto conxunto, e moi é especial a tod@s cant@s colaborastes nas distintas recreacións e fixestes posible isto. 

    O colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"  DESÉXAVOS UN BO NADAL E MOITA SAÚDE

    PARA TOD@S


1 comentarios:

  1. xosedeuca dijo...

    moi bon a "festaMub" a verdade !. Compartirei con algúns coñecidos, que vexan que creatividade e bo humor non faltan.

Publicar un comentario