• Limpeza da Fonte e Lavadoiro de Xoane

    O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” traballou onte sábado, e hoxe domingo, na recuperación da fonte e o lavadoiro de Xoane. O número de participantes nestas xornadas foi de 9 persoas. 

    Á parte de limpar de vexetación e sucidade este espazo, realizouse unha pequena roza nos arredores, así como procedeuse á limpeza dos desaugadoiros. 




    En resposta ao goberno municipal, que hai uns días adxudicou a obra da Praza de España por valor de 812.000 euros, comunicámoslles que facendo valer os nosos dereitos como contribuíntes dese diñeiro público que van malgastar, exerceremos unha presión activa para impedir que esa obra se execute. Pedimos a colaboración de toda a cidadanía de Ferrol para que nos axuden a parar este despropósito.

    Pois ante a grave situación de emerxencia social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha taxa de desemprego do 32 %, una das máis altas do estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro. 

    Ese diñeiro podería ser investido na creación de escolas taller de formación, en dar traballo a desempregados contratados directamente polo concello, e que estes realicen traballos de recuperación e posta en valor do noso patrimonio arquitectónico, espazos naturais, recuperación do parque público de vivendas de Recimíl, etc..


    Premer para ver a galería de fotos

0 comentarios:

Publicar un comentario