• Resumo dos traballos de limpeza no regato de Doniños

    O sábado e o domingo, Este pasado fin de semana o noso colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" traballau en duas xornadas, na recuperación e limpeza do canle do regato de Doniños, unha das paraxes máis visitadas de Ferrol.

    O máis destacable das duas xornadas, á parte do pracer que supón o traballo realizado, é o do número de asistentes, que fixeron o total de 14 persoas de diversas idades.

    Na xornada do sábado, retiramos uns 200 kg de residuos, e outros centos máis de madeira. Na do domingo foi bastante menos, pois a maioría do retirado eran pezas plásticas moi miúdas, aparte de retirar tamén a madeira atopadas.

    Queremos chamar a atención aos visitantes e ás autoridades, sobre a gran riqueza natural deste espazo natural, aos primeiros para que fagan un uso axeitado do que xenerosamente nos regala a natureza, e ás autoridades para que dunha vez por todas realicen labores de limpeza e vixilancia destes espazos naturais. 

    Esperemos que o concello teña a dignidade de mandar recoller as bolsas de lixo recollidas, estas encóntranse preto da desembocadura do regato, xunto cos restos de madeira..

0 comentarios:

Publicar un comentario