• Limpeza da Batería de Outeiro

    O pasado sábado e domingo, o colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" traballou na recuperación da Batería de Outeiro, en Doniños. 

    Esta vez non puidemos levar a cabo todo o noso labor, pois decidimos non usar máquinas nos traballos, debido a que nestes momentos moitas especies de aves se encontran en época de nidificación. Debido a isto os traballos víronse moi retardados, e soamente puidemos limpar un terzo dos muros desta fortaleza. 

    Teremos que esperar que chegue o outono para retomar os traballos na zona e poder sacar á luz estes muros. Malia todo, a parte na que traballamos mostra unhas diferenzas considerables con respecto ao resto. 

    Puxemos un cartel indicativo de madeira na Batería, tan como fixemos anteriormente nas fortalezas de San Carlos, San Cristobal e nas inmediacións de San Felipe. Pois o Concello de Ferrol non facilita esta información aos visitantes. 

    Queremos tamén denunciar que os restos da limpeza acometida o pasado fin de semana, no regato de Doniños, seguen sen ser retirados. Os mesmos se encontran amoreados en dúas zonas, na rampla de madeira que dá acceso ao regato, ao lado dunha papeleira, e os outros na desembocadura do regato na praia, sobre un palé de madeira, e a unha distancia prudencial da canle fluvial. 

    Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol, a participar na asemblea aberta, para a paralización do proxecto de malgasto na Praza de España, a mesma terá lugar, mañá martes, ás 19:00 h. no Salón de actos da Escola de Idiomas. 

    Unha obra que consideramos innecesaria, e menos nestes intres de emerxencia social, nos que ese diñeiro tiña que servir para paliar outro tipo de necesidades sociais.


0 comentarios:

Publicar un comentario