• "Operación Fouciña"

    Na mañá de hoxe, varios membros do colectivo “Acción Directa de Recuperación de Espazos públicos”, decidimos realizar a primeira “Operación Fouciña”, esta consistiu na limpeza de varias medianas ateigadas de herba e maleza, que entrañaban un risco tanto para os peóns coma para os vehículos.

    A acción deu comezo na rotonda que dá acceso das Pias á Gándara, facendo limpeza nos pasos de peóns ata chegar a Catabois.

    Queda patente co mantemento de viais por parte do Concello de Ferrol é nulo, en varias zonas da Gándara as herbas alcanzan os 2 metros de altura,impedindo a visibilidade aos vehículos e peóns.

    Queremos coas nosas acción denunciar o malgasto e despilfarro previsto por parte do goberno municipal, por valor de 812.000 euros para a Praza de España, por ser una obra innecesaria. Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo, e escolas taller especializadas na reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos.



0 comentarios:

Publicar un comentario