• "Acción sorpresa" tapado de fochas no aparcadoiro do Sánchez Aguilera.

    No día de hoxe o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" en colaboración con veciños da zona, realizamos unha "Acción sorpresa" consistente no tapado das fochas máis grandes do aparcadoiro situado no Sánchez Aguilera. 

    Desta forma queremos denunciar o estado de abandono deste aparcadoiro da nosa cidade. 


    En breve continuaremos con esta acción se o Concello non toma as medidas oportunas. 

    Xa vamos fartos da inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade. Pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros. 

    O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas)


0 comentarios:

Publicar un comentario