• Colaboración coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño.

    Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos colaborará mañá domingo coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño. (Saída ás 9:00 da mañá dende o aparcamento da Malata) 

    Desta forma pretendemos recoñecer e agradecer o esforzo altruísta destes veciños, tanto na conservación, recuperación, e mantemento do noso patrimonio e espazos naturais da parroquia. 

    Os traballos do colectivo cidadán non pasan desapercibidos para algúns.. 

    - Recentemente a Asociación "SOS Monuments" (Rede iberoamericana para a protección do patrimonio cultural) creada en 1997, con sede en Cataluña, e cun recoñecido historial de trabajo, interesouse polo noso labor, e realizáronnos unha entrevista para a elaboración dun artigo. Esta Asociación é a autora do libro "Mirando Ferrol - Cidade, patrimonio e paisaxe", tamén realizou na nosa cidade o "VII Encontro de Defensa do Patrimonio de Ferrol". 

    - No concello de Bergondo organizouse e funciona outro colectivo "Acción Directa de Recuperación e Preservación de Espazos Públicos". O sábado día 19, realizarán a limpeza da marxe do río en Miodelo. 

    Agradecemos todas as achegas de solidariedade coas nosas tarefas e reivindicacións, chegadas dende distintos lugares da do estado, e mesmo dende São Paulo, dende onde nos seguen con interese e mesmo se están a organizar, recentemente crearon a súa primeira Horta Urbana. 

    Quen parece non decatarse é o alcalde Don José Manuel Rey Varela, e os actuais concelleiros do PP, que a día de hoxe non deron nin unha pequena mostra de interese polas nosas tarefas e reivindicacións.

0 comentarios:

Publicar un comentario