• Resumo dos traballos de recuperación do Muíño do Santo

    Hoxe axudamos nos traballos de recuperación do Muíño do Santo, en Esmelle, foi unha xornada gratificante de traballo e confraternización cos voluntarios do "Proxecto Esmelle". A experiencia foi tan boa que seguramente non tardemos moito en colaborar noutra acción. 

    Os traballos consistiron na roza de maleza do muíño e da canle do regato, á parte dunha pequena limpeza dos muros. Agora quédalles aos compañeiros de Esmelle a dura restauración deste, á parte dos gastos orixinados en materiais. 

    Como adoita suceder nestes casos, as autoridades municipais non achegan nada, e viran as costas a estas iniciativas de recuperación do patrimonio e do ámbito, malia ser para desfrute de todos os ferroláns e visitantes.

0 comentarios:

Publicar un comentario