• Máis cidadáns que dan exemplo ao Sr José Manuel Rey Varela

    Máis cidadáns de Ferrol deciden por iniciativa propia facer o que non fai o Goberno Popular. A noticia podería parecer unha broma pero non o é, así sae hoxe publicada no Diario de Ferrol.

    Os "residentes" do Sánchez Aguilera arranxan as fochas

    O aparcadoiro "alternativo" como se deu en chamar a explanada do Sánchez Aguilera con entrada pola avenida do Rei encóntrase en obras, aínda que estas sexan algo chafalleiras.

    O espazo de aparcadoiro está cheo de fochas sen asfaltar

    Dúas persoas de etnia xitana que pasan a noite esporadicamente no edificio abandonado situado no medio da explanada puxéronse mans á obra para axeitar o ámbito da súa "vivenda" e para favorecer tamén os que usan ese espazo como aparcadoiro. "É beneficioso para as dúas partes", aseguran. Cun anciño e unha carreta de grava, que collen directamente dunha montaña que se encontra nas propias instalacións do antigo acuartelamento, comezaron a tapar algunhas das fochas como poden, "aínda que necesitabamos un sacho para cavar mellor", indican os traballadores.

    Estes "voluntarios" apelan tamén a "a vontade" económica do que estaciona nesa deteriorada zona e non son os únicos que nos últimos días decidiron axeitar este espazo, ante a pasividade do Concello, que aseguraba hai uns meses que podería chegar a pecharse esta zona, ao haber aparcadoiro abondo na cidade. Así, fai pouco máis dunha semana a plataforma cidadá Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos púxose os monos e traballou cubrindo os charcos da explanada. O continuo tránsito de coches -ten cabida para uns 500 vehículos- fai, non obstante, que estes arranxos sexan só parches.

0 comentarios:

Publicar un comentario