• X xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, acometeremos o vindeiro sábado, día 20 de outubro, a X Xornada de traballo de recuperación da Batería de San Cristovo.

    O horario será como ven sendo habitual de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre en función do tempo de que dispoña cada persoa).

    Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de recuperación de espazos públicos e denuncia social, coas que pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

    Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade.

    As persoas interesadas poden acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles.

    Para calquera información adicional, facilitamos o noso correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, e os teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

0 comentarios:

Publicar un comentario