• Resumo da IX xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Onte, sábado 13 de outubro, continuamos coa limpeza e recuperación da batería de San Cristovo, na que xa é a novena xornada de traballo neste enclave do noso patrimonio.

    Dende que empezamos as tarefas nesta fortaleza non nos deixamos de asombrar a cantidade de visitantes que se achegan cada fin de semana, para descubrir, moit@s deles por primeira vez, esta paraxe da nosa Bisbarra. 

    Resulta incrible, que sendo un dos edificios máis antigos do noso Patrimonio, e optando a formar parte do Patrimonio da Humanidade, o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria a tivesen no estado en que se encontraba. 
    Premer para aumentar

    Solicitamos por enésima vez;

      - Que se recollan os restos de maleza que amoreamos.
      - Que se supriman os postes de tendido eléctrico en desuso.
      - Que o Concello de Ferrol nos conteste ás nosas peticións cursadas por rexistro. 

     No caso de que o Concello de Ferrol siga sen darnos contestación, pensamos en adoptar "novas e innovadoras" medidas de presión para que a cidadanía de Ferrol se faga eco do que está a suceder.

0 comentarios:

Publicar un comentario