O próximo sábado realizaremos unha acción sorpresa noutro espazo público de Ferrol, o lugar non o imos citar pois non queremos dar a oportunidade ao Concello de que se nos adiante e faga un lavado de cara da zona.
En vista de que o Sr Alcalde non nos dá resposta ás nosas demandas, (estas foron entregadas por rexistro no Concello de Ferrol), decidimos emprender con máis forza as nosas protestas reivindicativas, estas farémolas a partir de agora dunha forma aínda máis visual á cidadanía de Ferrol.
AQUÍ LAS PALABRAS SOBRAN, AQUÍ SON LOS HECHOS LOS QUE TIENEN LA PALABRA.