• "Acción sorpresa" no Parque Monumento Torrente Ballester

    Hoxe realizamos unha "acción sorpresa" no Parque Monumento Torrente Ballester, en Serantes, unha paraxe descoñecida para a maioría dos cidadáns de Ferrol. Neste parque botánico os alumnos do colexio Isaac Peral, coa colaboración do proxecto Voz Natura, plantaron unha serie de árbores; castiñeiros, aciñeiras, abruños, loureiros, madroños, etc. Pero por desgraza o Concello de Ferrol tíñao totalmente descoidado.

    A media xornada de traballo aproximouse unha mestra dese colexio, quedou estrañada de que fósemos uns cidadáns os que estivésemos a realizar esas tarefas, explicámoslle o labor e obxectivo do noso colectivo, e quedou interesada nos labores que realizamos. Comentounos, que normalmente, e a petición do colexio, realízanse dúas limpezas na zona ao ano, e que precisamente ía solicitar ao goberno municipal que se acometese a limpeza, pois quería traer aos nen@s a visitar o lugar.

    Mostrámoslle que entre os restos que retiramos atopamos restos de ramas de árbores e unha importante cantidade de lixo, e incidímoslle en que se veñen limpar a maleza por parte do Concello, que realicen unha poda e tamén recollan o lixo acumulado na zona.

2 comentarios:

  1. Inmocha dijo...

    Enhorabuena de nuevo, ¡sois unos "craks"!

  2. Magnum dijo...

    Dónde queda éste parque? Tengo unos castaños jóvenes que podía plantar ahí.

Publicar un comentario