• VI xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, acometeremos o vindeiro sábado, día 22 de setembro, a VI Xornada de traballo de recuperación da Batería de San Cristovo. O horario será de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre en función do tempo de que dispoña cada persoa). 

    Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de recuperación de espazos públicos e denuncia social, coas que pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. 

    Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade. 

    As persoas interesadas poden acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles. 

    Para calquera información adicional facilitamos o noso correo electrónico: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, e os teléfonos: 620 312 992 -637 567 497

    Tamén facemos extensible esta invitación aos grupos políticos da bisbarra para que se acheguen ata a zona a ver os traballos e poder trasladarlles as nosas inquedanzas.

    Grazas a tod@s

0 comentarios:

Publicar un comentario