• Resumo da V xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Onte, sábado día 15, continuamos coa limpeza e recuperación para a cidadanía, da Batería de San Cristovo, na que xa fai a V Xornada de traballo na mesma.

    Nestas xornadas de traballo e denuncia social pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

    Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade.


    Requirimos o Concello de Ferrol para que faga as xestións necesarias cara a retirada dos restos do desbroce do Miradoiro, da Batería, así coma dos restos aínda non recollidos no Lavadoiro da Mina de Ouro de Ponzos .

    Tamén recomendamos a retirada dos postes eléctricos de cemento situados no interior da Batería, toda vez que o faro non está en uso e estes agudizan o feísmo.


    Neste caso o mutismo á parte do Concello tamén vén dado por parte da Autoridade Portuaria, pois esta Batería é competencia deste organismo.

    Como pode ser que continuamente anuncien récord de ganancias e non teñan diñeiro para acometer a limpeza de lugares da súa competencia?

    Recordemos que na páxina web da Autoridade Portuaria de Ferrol - San cibrao, na sección de Xestión Sostible, falan de Optimización de Infraestruturas e Integración co Entorno.

    A Integración co Entorno referirase a deixar que a maleza o cubra todo?



0 comentarios:

Publicar un comentario