• V xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Co fin de avanzar e axilizar os traballos na Batería de San Cristovo, o martes traballamos na limpeza de parte dos muros da fortificación. Esta vez non soaron os motores das rozadoras, o traballo foi manual, pero non menos duro, as silvas xunto coa hedra tiveron en tantos anos sen coidar tempo para facerse donas do entorno.

    Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de traballo e denuncia social, coas qu
    e pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

    Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio
    da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da nosa cidade.

    A próxima xornada terá lugar o vindeiro sábado, día 15 de setembro, na que acometeremos V Xornada de traballo nesta Batería. O horario será de 09:00 a 14:00, (Aínda que a xornada de traballo é libre, en función do tempo de que dispoña cada persoa).

    As persoas interesadas pódense inscribir no correo electrónico:
    recuperaciondeespazospublicos@gmail.com, nos teléfonos: 620 312 992 -637 567 497, ou ben acudir directamente á zona de traballo ou ao aparcadoiro dá Feira de Mostras ás 8.45 horas, de onde sairemos no menor número de coches posibles.

0 comentarios:

Publicar un comentario