• Resumo da IV xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Hoxe, sábado levamos a cabo a IV acción sobre a Batería de San Cristovo. Gracias ó incremento de asistentes logramos rematar o desbroce da explanada da Batería e iniciala limpeza de dous cuartos anexos.

    Ista semana asistimos a reunión da Plataforma veciñal contra o Malgasto, da cal sacamos conclusións moi interesantes e o interese mutuo de colaboración.

    Tamén fomos a prestar o noso apoio na Horta Comunitaria de Caranza, una iniciativa moi interesante de recuperación dun espazo público abandoado.

    Aínda que consideramos moi gratificantes os traballos realizados non entendemos o silencio do Concello trasladando dende aquí una invitación a tódolos grupos municipais para que o vindeiro sábado se acheguen á batería a observar in situ o estado da mesma.

    Igualmente requirimos ó Concello de Ferrol para que faga as xestións necesarias cara a:

    1. Retirar da batería os resultados do desbroce.

    2. Retirar os postes de cemento e o cableado do interior da batería, toda vez que o faro non está en uso.

    Finalmente reiteramos a nosa reclamación de crear, por parte do Concello, as brigadas de traballo que se ocupen da limpeza e mantemento dos diferentes espazos públicos da nosa cidade.


0 comentarios:

Publicar un comentario