• Resumo da VI xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Esta xornada repartímonos en dous grupos de traballo, un que limpaba as murallas de maleza, e outro que coas rozadoras pasou a actuar no exterior da Fortaleza. 

    Un dos nosos compañeiros, (Alberto), lesionado nun xeonllo mentres realizaba traballos connosco, se achegou a facernos unha visita, e non se puido estar quieto, a pesar de ter que camiñar con muletas, empezou a limpar unhas pedras tiradas no centro da Batería, e empezou a sacar á luz o que parece ser un Forno de reverbero, coñecido vulgarmente como "Forno de bala vermella", estes fornos eran usados para poñer incandescentes as balas dos canóns co fin de infrinxir maior dano aos barcos inimigos. 

    O mutismo por parte do Concello de Ferrol resulta insultante, non pedimos que se dirixa a nós, pero si que polo menos se encargue da retirada dos restos das rozas, tal como se lle comunicou oficialmente por Registro o pasado 31 de agosto. A día de hoxe non responderon nin recolleron nada. 

    Este é o documento que acredita o exposto:

    https://docs.google.com/file/d/0B1dZKRyGLEWbSi1YU0ZqbEhROWs/edit?pli=1 


    Tamén hai que chamar a atención á Autoridade Portuaria de Ferrol, pois a Batería de San Cristovo é competencia desta. 

    Como pode ser que continuamente anuncien récord de ganancias e non teñan diñeiro para acometer a limpeza de lugares da súa competencia? 

    Na parte positiva, á parte do traballo realizado, é que tivemos novas incorporacións no grupo de "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos"

0 comentarios:

Publicar un comentario