• Limpeza de regatos en Stª Comba, Covas

    O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” traballou hoxe sábado, na limpeza de dous regatos de Covas, coñecidos estes como o Cano do Foutadoiro, e o Cano de Marmadeiro, ambos os dous encóntranse na metade da praia de Stª Comba. 

    Foron sobre uns 200 kg de residuos recollidos, sobre todo, aerosois, botellas, e plásticos. Desatascar a retirada dun gran tapón formado no regato do Cano do Foutadoiro, varios madeiros, e parte da antiga muralla militar freaban o discorrer das augas.

    Queremos chamar a atención aos visitantes e ás autoridades, sobre a gran riqueza natural desta zona dunar da nosa costa. Posuidora de cantidade de plantas endémicas, osexa, grupos que non se atopan de forma natural en ningunha outra parte do mundo. 

    Denunciar á cidadanía, sobre o malgasto previsto por parte do actual goberno municipal por valor de 916.000 €,para a Praza de España, e de 1.000.000 € para a Costa de Mella. Pois consideramos que ante a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o estado, son unas obras innecesarias e de despilfarro do noso carto público. 

    Pedimos ao Concello de Ferrol, a posta en valor da riqueza natural e patrimonial que temos na comarca, destinando todos eses cartos á contratación de desempregad@s, mediante a creación de cuadrillas municipais de traballo, para a reparación, limpeza, e saneamento dos nosos espazos públicos. E que eses contratos sexan en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. 
    Premer para ver a galería de fotos

    No mapa feito por parte dos compañeir@s da Sociedade Columba, pódese ver a ubicación e os nomes dos regatos: http://sociedadecolumba.com/gm/

2 comentarios:

  1. Nemigo dijo...

    noraboa polo traballo feito e a dignidade que amosades
    saúdos

  2. Susete70 dijo...

    Grazas compañeiro

Publicar un comentario