• Concluídos os traballos de limpeza na Ribeira de Caranza



    Hoxe damos por concluídos os traballos de limpeza nesta cala da Ribeira de Caranza, situada na parte de atrás das novas instalacións do auditorio. 

    Xornada na que participamos 10 persoas. É difícil describir con palabras o esforzo e a magnitude do retirado, o gran peso da maraña que formaban os residuos, aparte de colchóns empapados en auga, roupas, e todo o miúdo, como foron os miles de bastóns de limpeza de oídos retirados, poden dar unha idea da dificultade para a limpeza, sin outras ferramentas que as nosas más e algunha que outra pala. 

    Como na xornada anterior, deixamos o lixo recollido amoreado na parte superior do paseo, agardando que dende o Concello teñan a decencia de retiralo. 

    Estos traballos forman parte dunha campaña a nivel global organizada por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano.

    Premer para ver a galería de fotos

0 comentarios:

Publicar un comentario