• Remate dos traballos de limpeza no mirador e xardíns de A Cabana

    II xornada de traballo nos xardíns que lindan co CIS (Centro de Innovación e Servizos ) de A Cabana, a semana pasada xa limparamos a zona do Miradoiro, nos traballos acometidos hoxe limpamos máis de 2.000 m2 deste espazo público.

    Chamounos poderosamente a atención unha foxa séptica que hai nos xardíns, esta ten dúas tapas plásticas sen ningunha suxeición. Tamén queremos deixar constancia que esta semana romperon parte do valo de madeira, e a cimentación que suxeita o resto do valo perdeu a terra que aguanta do mesmo.

    Nesta xornada de traballo participamos 10 persoas, a alegría foi contar coa colaboración de Laura, unha nena pequena de aproximadamente uns 7 anos, filla dunha compañeira,  que traballou máis duro que moitos dos adultos que participamos. Contamos con ela para as próximas accións, aínda que só sexa para facernos unha visita.

    Instamos ao actual goberno local para que recapacite sobre o malgasto de 916.426,06 euros previsto para construción unha zona verde na Praza de España.

    Pensamos que a actual situación de emerxencia social que están a pasar moitas familias, ten que ser motivo abondo como para que esa obra se paralice de inmediato.

    Esixímos que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego, mediante a creación de cuadrillas de traballo municipais, para a reparación, limpeza, e saneamento dos espazos públicos da cidade, ou ben, para a reparación das vivendas de titulación municipal, co fin de crear o necesario "Parque de Vivendas de Aluguer e Refuxio Social".


    Premer na foto para acceder a galería

0 comentarios:

Publicar un comentario