• Campaña de limpezas de praias e zonas costeiras

    O colectivo cidadán “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos” sumarase mañá á campaña de limpezas de praias e zonas costeiras, organizada a nivel global por “Surfrider Foundation”, coñecida tamén como Iniciativas Océano. 

    Actualmente existen programadas 912 limpezas a nivel global, a nosa será na praia de Cariño, preto do porto exterior de Ferrol, a mesma xa sae publicada na páxina web de “Surfrider Foundation” http://www.initiativesoceanes.org/ 

    O obxectivo principal desta campaña é de concienciar á opinión pública sobre as verteduras e residuos que rematan nos océanos. Para facernos una idea, na actualidade, cada segundo rematan no mar 206 kg de refugallos flotantes, que veñen sendo unha das principais causas de mortandade de moitas especies marinas. 

    Calquera persoa que queira colaborar connosco pode presentarse ás 9:00 h no Aparcadoiro da Malata (fronte a FIMO), ou ben achegarse pola praia. Recoméndase traer luvas propias. O horario dos traballos será de 9:00 a 14:00 h aínda que como sempre dicimos, é libre e en función da dispoñibilidade de cada persoa. 

    Dicir tamén que o Océano Surf Club de Ferrol se sumará a esta campaña acometendo unha limpeza na praia de Doniños.

0 comentarios:

Publicar un comentario