• Limpeza do río Sardiña

    O sábado día 5, acometeremos a limpeza doutro espazo público en estado de abandono, está vez o lugar elixido é o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizaremos a limpeza das canles deste. 

    Esta limpeza púxose en coñecemento de todas as entidades ecoloxistas da bisbarra invitándoos a participar na limpeza, ou ben, que se acheguen á zona para controlar ou asesorar in situ sobre estas labouras, que en todo momento se realizarán co maior dos respectos cara á flora e fauna existentes na zona. 

    Para a xente que queira participar nesta xornada ecolóxica e reivindicativa, o punto de encontro será ás 9:00 h no aparcadoiro do estadio de fútbol da Malata. (Fronte a ponte peonil que cruza o río) 

    Con estas xornadas queremos evidenciar o estado de abandono do patrimonio, espazos públicos, e espazos naturais de Ferrol, cun obxectivo común, a paralización do malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España. 

    Os cidadáns que participamos no colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" xa realizamos ata o día de hoxe as seguintes actuacións: 
    • Limpeza do Lavadoiro da Mina de ouro no areal de Ponzos, ( Covas) 
    • Limpeza do Lavadoiro da Barca, (A Cabana)
    • Limpeza do Miradoiro da Batería de San Cristovo
    • Limpeza da Batería de San Cristovo
    • Limpeza do Parque Monumento Torrente Ballester
    • Limpeza da Fonte de Chamorro
    • Erradicación de Plumeiro da Pampa (especie invasora) no barrio de Caranza
    • Limpeza da Batería de San Carlos
    • "FLASHMOB" denuncia das fochas da cidade

1 comentarios:

  1. Nemigo dijo...

    noraboa pola iniciativa, ver xente que pensa no ben dos demáis é un xesto nobre e que merece terse en conta

Publicar un comentario