Esta limpeza púxose en coñecemento de todas as entidades ecoloxistas da bisbarra invitándoos a participar na limpeza, ou ben, que se acheguen á zona para controlar ou asesorar in situ sobre estas labouras, que en todo momento se realizarán co maior dos respectos cara á flora e fauna existentes na zona.
Para a xente que queira participar nesta xornada ecolóxica e reivindicativa, o punto de encontro será ás 9:00 h no aparcadoiro do estadio de fútbol da Malata. (Fronte a ponte peonil que cruza o río)
Con estas xornadas queremos evidenciar o estado de abandono do patrimonio, espazos públicos, e espazos naturais de Ferrol, cun obxectivo común, a paralización do malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España.
Os cidadáns que participamos no colectivo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" xa realizamos ata o día de hoxe as seguintes actuacións:
- Limpeza do Lavadoiro da Mina de ouro no areal de Ponzos, ( Covas)
- Limpeza do Lavadoiro da Barca, (A Cabana)
- Limpeza do Miradoiro da Batería de San Cristovo
- Limpeza da Batería de San Cristovo
- Limpeza do Parque Monumento Torrente Ballester
- Limpeza da Fonte de Chamorro
- Erradicación de Plumeiro da Pampa (especie invasora) no barrio de Caranza
- Limpeza da Batería de San Carlos
- "FLASHMOB" denuncia das fochas da cidade
noraboa pola iniciativa, ver xente que pensa no ben dos demáis é un xesto nobre e que merece terse en conta