• Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos no barrio de Caranza

    Este sábado acometeremos a limpeza doutro espazo público en estado de abandono, está vez será no barrio de Caranza, concretamente na Rúa dás Telleiras, onde erradicaremos unha especie invasora coñecida como Plumeiro da Pampa (Cortadeira selloana). Sinalar que este terreo é propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

    O pasado martes acometemos outra Acción Sorpresa. 

    Ante a falta de sinalización de moitos enclaves patrimoniais da nosa cidade, fai que exista un descoñecemento, e imposibilidade de situalos por parte da cidadanía, e decidimos paliar esta carencia, puxemos carteis informativos no paseo de San Felipe e na Batería de San Cristovo, a ver se desta forma os políticos aprenden a que non fai falta gastar miles de euros para mostrar o noso patrimonio. 

0 comentarios:

Publicar un comentario