• Resumo da I xornada de erradicación do Plumeiro da Pampa en Caranza

    Este sábado estivemos erradicando unha especie invasora coñecida como Plumeiro da Pampa (Cortadeira selloana), só dimos feito un 70% do traballo, pero o vindeiro sábado o daremos rematado.

    Dous concellos da provincia; Oleiros e Sada, foron realmente conscientes do perigo que entraña esta especie invasora en Galicia, e en consecuencia xa adoptaron medidas para a erradicación da mesma, tanto en espazos públicos como en propiedades privadas.

    Rogamos ao concello de Ferrol, acometa unha campaña de información e sensibilización á cidadanía do perigo que supón esta especie, así mesmo que acometa unha campaña de erradicación da mesma dos espazos públicos de Ferrol, solicitando previamente asesoramento á SGHN. O mesmo lle dicimos a Autoridade Portuaria, pois parte da nosa costa xa está a padecer esta invasión.

    Actualmente esta especie se poliniza maiormente de forma artificial, pois non existe unha xestión de residuos ecolóxicos axeitada, o desbroce da mesma acaba de recheos, ou mesmo en vertedoiros ilegais realizados por parte das empresas encargadas da xestión destes residuos. (Este feito foi denunciado en varias ocasións por parte de entidades ecoloxistas).


    Apuntar da xornada de hoxe; que os plumeros que conteñen a semente foron cortados do resto da planta manualmente, en ningún caso deixámolos cos restos da roza. Como en tódolos traballos que realizamos recollemos os residuos sólidos atopados.

    Queremos agradecer @s veciñ@s de Caranza o bo acollemento da nosa iniciativa, e todas as mostras de gratitude recibidas.

0 comentarios:

Publicar un comentario