Esta terceira xornada de traballo na Batería de San Cristovo, foi moi gratificante, tivemos a incorporación de dúas veciñas da zona, logramos limpar restos da fortificación que fai máis dunha década non vían a luz. Entre os restos agochados atopamos unha latrina feita en pedra moi curiosa, tamén atopamos un pequeno módulo, que pode tratarse dunha antiga polvoreira.O sumo coidado que estamos empregando na limpeza das hedras que cobren por completo as pedras é o que está retardando os traballos. Aínda así, decidimos empregar nas tarefas tantas xornadas como sexan precisas para deixar a fortaleza nunhas condicións óptimas para ser desfrutada pola cid
adanía e visitantes.Entre o miradoiro que xa limpamos (situado no exterior da fortaleza) e os traballos realizados no interior da mesma, levaremos limpados xa uns 3000 m2.
Seguimos esixindo ás autoridades competentes o compromiso do mantemento diste e doutros espazos dunha beleza sen igual, fomentando a contratación de persoas desempregadas.
Igualmente criticamos a política municipal de millonarios patrocinios electoralistas que non favorecen en nada a creación de emprego nin a recuperación da nosa cidade.
Documento entregado no Rexistro do Concello de Ferrol


0 comentarios: