• II Actuación Sorpresa, limpeza da fonte de chamorro

    O colectivo de cidadáns que formamos o grupo "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" acometemos na tarde de onte unha acción sorpresa, esta vez tratouse da limpeza da fonte de Chamorro, así como do desaugadoiro e arredores. Esta acción pódese cualificar de simbólica, pois o concello terá que actuar nesta urxentemente, estase a esborrallar e dubidamos que poida resistir un par de invernos máis.

    O próximo sábado, día 8, continuaremos coa limpeza da Batería de San Cristovo, na que será a cuarta xornada de traballos na zona. Invitamos a toda a cidadanía de Ferrol a participar connosco nestas xornadas de traballo e denuncia social, coas que pretendemos que o Goberno de Ferrol recapacite na actuación prevista na praza de España por valor de 700.000 euros, e que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, en función da carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. Eses 700.000 euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación da natureza, paraxes e patrimonio da cidade, aparte de xerar un beneficio adicional para o comercio da cidade.


0 comentarios:

Publicar un comentario