• Resumo da III xornada de traballo na Batería de San Carlos

    A cidadanía móstranos cada xornada o seu apoio e solidariedade nas nosas reivindicacións, a pesar do afastado da Batería, tivemos diversas visitas de xente interesándose e felicitándonos polo traballo realizado. Así como pouco a pouco imos contando con máis xente que se suma ao colectivo, hoxe incorporouse unha nova compañeira. Xa supera da vintena, o número de persoas que traballaron con nós, e estamos seguros de que se irán sumando máis.
    Hoxe no "Diario de Ferrol" puidemos ler con asombro a noticia de que "O Concello ten catro proxectos pendentes de Patrimonio", entre eles cita o "malgasto" que ten pensado acometer na Praza de España por valor de 700.000 euros. Parécenos unha burla á cidadanía que o goberno municipal use a palabra Patrimonio para describir un "Plantado de árbores", e máis, cando o noso colectivo é o que lles está a sacar as cores limpando e acondicionando o verdadeiro patrimonio.

    Ao Concello sairíalle mellor arranxar as beirarrúas e pavimentos, en vista do número de denuncias por caída que se veñen producindo a diario na cidade. Recordamos ao Sr Alcalde, que está pendente de resolución unha demanda por valor de 725.000 euros pola caída dunha veciña no mercado de Recimil que a deixou inválida, en caso de prosperar está demanda o importe superaría ao investimento que teñen pensado malgastar na Praza de España.

    O noso colectivo non desistirá no empeño de parar ese despilfarro de diñeiro público.

0 comentarios:

Publicar un comentario