• IV xornada de traballo na Batería de San Carlos

    Hoxe sábado ás 8:45 h. quedaremos no aparcadoiro da Malata, co fin de repartirnos no menor número de coches, para levar a cabo a IV xornada de traballo nesta fortaleza.

    Con este traballo queremos facer visible o estado de desleixo do noso patrimonio e zonas naturais de Ferrol, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP. 

    Unha obra prevista por valor de 700.000 euros, que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse nun valor de 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto. 

    Un acto que cualificamos como un "Atraco ás arcas públicas". 

    Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. 

    Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar. Eses 916.000 euros euros investidos na creación destes postos de traballo repercutirían na recuperación dá natureza, paraxes e patrimonio dá cidade, á parte de xerar un beneficio adicional para o comercio dá nosa cidade, que ben necesitado que está.

0 comentarios:

Publicar un comentario