• Resumo da VIII xornada de traballo na Batería de San Cristovo

    Onte, sábado 6 de outubro, continuamos coa limpeza e recuperación da batería de San Cristovo, na que xa é a oitava xornada de traballo neste enclave do noso patrimonio. 

     Xa pasamos definitivamente a traballar no exterior da fortaleza, os muros do exterior xa quedaron visibles a un 90% Seguimos denunciando que o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria seguen sen recoller os restos de maleza amoreadas. Recordamos que os restos de roza do miradoiro exterior da fortaleza xa levan dende o sábado 18 de agosto esperando ser recollidos, a pesar de entregar un aviso por rexistro ao concello de Ferrol dando conta destes. 

    En breve, o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" fará chegar á cidadanía en forma de carteis que recollen as nosas demandas e denuncias ao goberno municipal de Ferrol polo seu desleixo e malgasto de diñeiro público na Praza de España

0 comentarios:

Publicar un comentario