• GRATA VISITA E DESCUBRIMENTO NAS LABOURAS DE RECUPERACIÓN DA FORTALEZA DE SAN CRISTOVO

    Onte, sábado día 29, continuamos coa limpeza e recuperación para a cidadanía, da Batería de San Cristovo, na que xa fai a VII xornada de traballo nesta.

    Os traballos actualmente realízanse no exterior da fortaleza e na limpeza dos muros.

    Denunciamos de novo a cidadanía que o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria seguen sen recoller os restos de maleza amoreadas. Lembramos cos restos de roza do miradoiro exterior da fortaleza xa levan dende o sábado 18 de agosto esperando ser recollidos, a pesar de entregar un aviso por rexistro ao concello de Ferrol dando conta dos mesmos.


    UNHA GRATA VISITA E UN DESCUBRIMENTO
    Onte achegouse xunta nós un ancián, Julio Pintos, veciño de Doniños, veu facernos unha visita e explicarnos detalles descoñecidos da Fortaleza, (esta era o lugar de xogos da súa infancia).

    Unha compañeira realizoulle unha entrevista que decidimos gravar e facer pública polo interese que ten.

    Descubriunos que o interior da Fortaleza ten chan de pedra, algo impensable para nós, pois non existe documento gráfico nin escrito público que así que o testemuñe. Despois de cavar uns 30 cms puidemos dar crédito ás súas palabras, hai unha empedrada preciosa e moi ben conservada. O sexa que si se pasase una pequena pala non habería que volver a limpar o interior.

    Julio Pintos tiña unha empresa de traballos en pedra, foi canteiro de oficio. Conta que ofreceuse hai moitos anos ao Concello para restaurala Fortaleza gratuitamente, debido ao apego sentimental que tiña coa mesma, pero parece ser que ninguén lle soubo dicir nin tampouco sabían a quen remitilo.

    Tamén nos dixo que o ideal sería que na Fortaleza o Concello puxese en marcha unha Escola Taller, que a parte de dar traballos a desempregad@s serviría para a recuperación desta á vez que a xente aprendería un novo oficio.

    Esta é a entrevista con Julio Pintos


    Si o Concello tivese interese no patrimonio non faría oídos xordos a canta denuncia e achado estamos a facer, resulta insultante para nós non obter unha resposta de ningún tipo.

    Así mesmo os medios de comunicación da comarca, que son unha parte importante do MOTOR DA CIDADE, debían tamén facerse eco do que estamos a facer e axudar a trasladar á cidadanía o que estamos contando.



1 comentarios:

  1. Me parece una muy buena inicia ciudadana. Interesante,para la recuperación histórica.Animo.

Publicar un comentario