• O MURO DA VERGOÑA

    O pasado 25 de setembro do 2009, na incorporación da estrada alta do porto á autoestrada e a saída cara Á Malata, encontrouse o que posiblemente foi o último achado arquitectónico con carácter histórico de Ferrol. Trátase case seguro dos restos da antiga muralla defensiva da cidade.

    Por aquel entón, a Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura, ía emitir un informe sobre o achado, pero a día de hoxe eses restos permanecían semicultos pola maleza. A falta de interese por parte do Concello e da Xunta de Galicia, quedan patentes. 

    Parece ser, que suscita máis interese para algúns políticos da cidade promover a ruta dos estaleiros para ver as grúas paradas, que o que de verdade ten valor turístico e patrimonial.

    Xunto cos traballos de limpeza nos restos da pequena muralla, aproveitamos para transplantar unha maceira de varios anos de idade que crecía xusto na parte superior desta, e tamén erradicamos varias cepas da especie invasora plumeiro dá Pampa (Cortadeira selloana) que crecían nas inmediacións.

    O colectivo “Acción Directa”, seguirá deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, cun obxetivo común, a paralización do investimento de 916.000 euros de carto público na Praza de España, ao que agora se lle suma outro despropósito, o anuncio de malgasto de 1.000.000 de euros para recuperar os baixos da Costa de Mella e a remodelación dos xardíns de San Francisco.


    Premer para ver a galería fotográfica 



0 comentarios:

Publicar un comentario