• A RÍA É NOSA!!

    A esta convocatoria de hoxe quixémoslle por un toque de humor e diversión. E así resultou, entre risas, e afán competitivo por parte de tod@s.

    Para poder "pescar" os neumáticos dispuxemos dun aparello especial, fabricado para a ocasión. tratábase dunha corda, que ao seu extremo levaba atada un pequena áncora.

    Os transeúntes parábanse a falar e a facer fotos cos seus móbiles. Tamén máis dun condutor, parouse a charlar, cando non, minoraban a marcha para ver o que faciamos.

    Ao remate da xornada fíxose entrega da Copa ao gañador e medallas para @s tres primeir@s clasificad@s, así como a entrega para tod@s, duns diplomas conmemorativos desta acción ecolóxica.

    Con esta acción queremos denunciar o descoido e abandono da nosa ría, na cal, á parte dos lodos existentes, se amorea unha cantidade salvaxe de "ferralla", isto ante a total impasibilidade das nosas autoridades.

    Aproveitamos a ocasión para solidarizarnos con todas as asociacións e colectivos que loitan pola defensa da nosa ría. Agardando que a delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, consiga trasladar en Europa a realidade do que está a suceder realmente na ría de Ferrol.


0 comentarios:

Publicar un comentario