• Unha cidadá de 80 anos dando exemplo ao Alcalde

    Unha octoxenaria desbroza o vial de San Xurxo ante a falta de mantemento do Concello ferrolano
    Redacción Ferrol

    EnlaceFonte: http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/46270-ferrol-noticia

    Os atrasos nas rozas e segas de cunetas nos viais da zona rural foron denunciados nos últimos meses por entidades veciñais, grupos municipais e usuarios dos areais da costa. Estes deben enfrontarse a diario, sobre todo os días de bo tempo en que a xente acode masivamente ás praias, á escasa visibilidade e á perigosidade que supón a falta de rozas nas pistas de acceso aos areais.

    Esta mesma semana, unha veciña octoxenaria de San Xurxo, Mercedes Pazos, facía fronte á situación, segando as cunetas do ámbito do local social desta parroquia ferrolá.

    Pero este non é o único caso de actuación veciñal ante a falta de mantemento municipal. En Covas, os veciños organizaron unha sega reivindicativa a mediados deste mes nas proximidades do local da AVV para poder facer uso do parque infantil e biosaludable. Ante esta situación si actuou o Concello de forma inmediata. En Esmelle tamén ten roza por conta propia para facer fronte á carreira popular da zona e os particulares, "fouciña" en man, non dubidan a diario en mellorar as pistas próximas ás súas vivendas para ofrecer unha mellor imaxe aos que acoden ás praias.


    Os condutores tamén se queixan das raiaduras dos seus coches cando deben aproximarse ás cunetas para deixar paso a outros vehículos.

    Entre tanto e co mes de xullo a punto de rematar, o Concello encóntrase en trámites de contratación da empresa de sega e rozamento de cunetas de vías da zona rural. O pasado día 20 aínda se celebrou a última mesa de contratación, para unhas actuacións nas que se investirán 64.000 euros.

0 comentarios:

Publicar un comentario